O CAMIÑO QUE NOS UNE
O concello de Trazo xunto con Asdecomor organizan a “Andaina das San Lucas” dentro do programa comarcal “ O camiño que nos une” o vindeiro 23 de outubro.
A Andaina partirá dende a Igrexa de San Martiño de Monzo as 17 H pasará polo Pazo de Vilacoba rematando no mercado de “A Brea” Benza un lugar simbólico nestas datas onde antigamente se celebraban as Feiras das “San Lucas”
Ao remate da andaina haberá pinchos e unha actuación musical ao cargo de Emilio Rúa.
Tamén se disporá dun servicio de bus ao remate da andaina para achegar os participantes ao lugar de inicio onde deixen os coches.
Para inscribirse na “Andaina das San Lucas” pódese facer chamando ao concello de Trazo (981689001) ou na seguinte ligazón https://reservas.gal/producion/o-camino-que-nos-une/
Comentarios recientes