O goberno do concello de Trazo, mantivo unha reunión productiva cos representantes da empresa REDE ABERTA, empresa de telecomunicacións que vai a despregar rede de fibra no concello de Trazo, buscando dar cobertura nas zonas que actualmente este servizo non existe.
De forma inminente realizarase por parte da empresa un estudo pormenorizado no concello de Trazo, para detectar as zonas nas cales é máis necesario este despregue de fibra.
Na xuntanza estiveron a Alcaldesa Fina Suárez, o tenente de Alcalde Manuel Pereiro, e os responsables da sección de despregue da empresa Rede Aberta.
A alcaldesa, califica a reunión de productiva e que vai axudar a conseguir o obxectivo do goberno de Trazo, que non é outro que de contar con este servizo na totalidade do concello.
Dende a chegada do novo goberno, avanzamos moito neste asunto, e si a situación vai recobrando certa normalidade esperamos que a finais deste mandato este obxectivo esté cumplido, e teñamos a inmensa maioría do territorio cuberto
Comentarios recientes