O elevado interés do sector eólico por desenvolver proxectos en toda Galicia non se verá correspondido por a Xunta ó estár esas zonas excluidas do Plan Sectorial Eólico de Galicia, documento que regula o aproveitamento enerxético do vento no territorio Galego. A Consellería de Industria confirmou o seu veto a algunhas solicitudes tramitadas polas empresas. Entre as negativas encóntranse os proxectos previstos nos concellos de Val do Dubra, Trazo e Tordoia.
Trátase do parque Tornado, que xunto ó Orzar están promovidos por Greenalia. O Tornado con unha ducia de muiños afectaría os municipios de Val do Dubra (Erviñou) e Trazo (Monzo e Restande) , ademáis de Tordoia (Villadabade).
Outro máis é o de Pedrabante, este último promovido por Iberdrola, que se atopa a cabalo entre os municipios de Val do Dubra, Tordoia e Carballo e que contemplaba vinte aeroxeradores.
En total, a Consellería de Industria confirmou o veto a 35 proxectos tramitados en toda Galicia.
Comentarios recientes