O Concello de Trazo vai invertir de xeito inmediato máis de medio millón de euros en obras en distintas parroquias do Concello.
A Xunta de Goberno Local de Trazo, en data 14 de abril de 2.021, adxudicou a obra “Beirarrúas en Viaño Pequeño e Senda en Ventas do Lengüelle”, por importe de 76.678,69 €.
Tamén se inicia o prazo de presentación de ofertas para as obras incluidas no Plan POS+OBRASSUM, “Senda na Cuca e camiños en Covas, Albar e outros lugares” por importe de 119,4568,84 € e “Camiño de acceso á igrexa de San Martiño” de Monzo, por importe de 48.275,33 €.
Esto xunto con outras obras postas en marcha recentemente como a obra de Depuradora e saneamento en Ponte Chaián, xunto con obras de rede complementaria do abastecemento de aguas, e outras obras en execución, fai que agora mesmo se estén realizando, adxudicadas ou en fase de execución, obras por importe de máis de medio millón de euros.
En breve tamén se porán en marcha as seguintes obras:
Camiños en Castelo e Vilouchada: 118.570 €
Pavimentación de rúas en Viaño Pequeno: 77.466,60 €
A alcaldesa Josefina Suárez mostra a súa satisfacción, “tralo parón que supuxo a COVID- 19, e agora ao existir un goberno estable e remitir a situación sanitaria, vemos que a execución de obras colle velocidade de cruceiro, e estamos iniciando, adxudicando e executando obras e inversións que demandan os veciños e veciñas e que serán realidade en breve.
Estamos a traballar nun proxecto moi itinerante de humanización en dous núcleos, e será unha inversión importante para este concello, non adianto máis ata que exista o compromiso firme da administración que vai executar a obra.
Comentarios recientes