Está programada para a próxima semana unha reunión entre a Alcaldesa, Tenente de Alcalde, e o responsable de despliegue de fibra óptica da empresa Rede Aberta.

A finalidade da reunión é impulsar ainda máis o acceso a Internet no Concello de Trazo, tratarase sobre a solicitude para o despliegue inminente de rede en distintos puntos do concello.

Ademáis vanse estudar as opcións de dar cobertura a outras zonas do concello que non teñen ainda o servizo, así como a posibilidade de solucionar aqueles casos de vivendas que están nas proximidades de zonas cubertas pero que non teñen o servizo.

Dende o goberno teñen claro que esto é un tema prioritario na súa axenda e porán todo seu empeño e recursos disponibles para que a veciñanza de Trazo poida desfrutar dun Internet de calidade, algo primordial e fundamental no día de hoxe.