TRAZO SEGUE SUMANDO OBRAS

O goberno do Concello de Trazo acaba de aprobar nun pleno extraordinario unha batería de obras por importe de 516000 € con cargo ao remanente de Tesoureria.

Cabe destacar a creación de unha pista de Pádel cuberta entre outras obras como a implantación de beirarrúas en diversas parroquias e melloras de camiños en Campo, Vilouchada, Xavestre, Morlan, Monzo e Chaián así como o acondicionamento en campos de fútbol.
Estas obras saíron adiante cos votos a favor do goberno municipal, co voto a favor do psoe e abstención do BNG.